Xornada gratuita de rafting no Río Miño: Cequeliños- Barcela

¿Queres desfrutar dunha xornada gratuita de rafting no Río Miño?

O tramo de descenso realizarase desde Cequeliños, á altura de Melgaço en Portugal ata Barcela, na zona da Lomba, preto de Arbo e tamén da Cañiza.

 

1. LUGAR DE REALIZACIÓN: Polígono Industrial de Barcela-Arbo (Pontevedra).

2. MEDIO DE TRANSPORTE: O Concello de San Cibrao das Viñas porá a disposición das persoas inscritas medio de transporte de traslado desde o punto de encontro ata o lugar de realización da actividade e posterior traslado ao finalizar a actividade ata o punto de encontro.

3. DATA DE REALIZACIÓN: Sábado, 25 de maio de 2024 en horario de mañá.

4. REQUISITOS DAS PERSOAS PARTICIPANTES:

  • Saber nadar e ter entre 15 e 25 anos (ambos incluídos).
  • Estar empadroado no Concello de San Cibrao.
  • Traer toalla, bañador e calzado deportivo (tenis) para mollar.
  • Útiles para a ducha.
  • No caso dos/das participantes menores deberá presentarse, xunto coa inscrición, a autorización para realizar a actividade anexa a estas normas debidamente cuberta polos pais/nais/titores do/da menor acompañando o documento nacional de identidade DNI, NIE, pasaporte ou documento válido en dereito.
  • No caso dos/das menores deberá presentarse, xunto coa inscrición, a autorización para a toma e difusión de imaxes de menores anexa a estas.

5. INFORMACIÓN: Departamento de Deportes: 608275776.

6. PRAZAS LIMITADAS.

As inscricións poderán formalizarse aquí mesmo dende o día 9 ata o 20 de maio.