O polideportivo atopase na entrada á Praza da Casa do Concello.

Instalacións

Dirección / Contacto

Plaza de la Constitución s/n – 32910 – San Cibrao das Viñas – Ourense

Tlfn: 608 275 776

Email: juan.otero@sancibrao.es

O ximnasio

O ximnasio está situado na planta baixa do polideportivo, ofrece modernas instalacións climatizadas, e está totalmente equipado con máquinas de calidade, dispón de monitor deportivoque se encarga de supervisar o correcto funcionamento, así como aconsellar e instruír os nosos deportistas veciños.

Horario

De luns a venres de 18:00 a 22:00 (Xulio e Agosto Pechado)

A Cancha

A cancha principal atopase cuberta e acondicionada para practicar baloncesto e fútbol sala, conta con marcador electrónico e gradas.

Actividades

  • Escola municipal de futbol sala (para nenos/as empadroados de 4 a 14 anos)
  • Escola municipal de basket (para nenos/as empadroados de 5 a 14 anos)

Servizos tempada 2019/2020

  • Basket para nenos/as de 5 a 14 anos (a partir do 4 de Outubro)
    Horario venres de 18:00 a 19:00.
    Os horarios, grupos e actividades poden sufrir variacións segundo as incripcións. Os interesados deberán estar empadroados eles ou algún dos seus pais no Concello.
  • Futbol sala para nenos/as de 8 a 14 anos (a partir do 1 de Outubro)
    Horario luns e mercores de 18:00 a 19:00.
  • Futbol sala para nenos/as de 4 a 7 anos (a partir do 1 de Outubro)
    Horario martes e xoves de 18:00 a 19:00.

Prezos tempada 2019/2020 (a partir do 1 de setembro)

  • Ximnasio supervisado polo monitor para uso das instalacións do Polideportivo e de Ponte Noalla, prezo para empadroados de 15 euros por mes, e 20 euros por mes para non empadroados.
  • Aluger da cancha para fútbol sala e baloncesto prezo para empadroados 10 euros a hora.

Máis Información

Para mais información pode dirixirse ao propio monitor deportivo do polideportivo en horario de luns a venres de 10:00 a 22:00 ou no teléfono 608275776.