A escola Municipal de San Cibrao das Viñas conta na actualidade con tres profesores de música. Eles son:

  • Efrén Martínez Barja:
    Profesor de Batería e todo tipo de instrumentos de percusión.
  • José Manuel Dopazo Grande:
    Profesor de Vento-Madeira. Os instrumentos de familia son; Saxofón, Clarinete, frauta, Oboe e Fagot.
  • Raúl Álvarez Iglesias: Profesor de Vento-Metal. Os instrumentos da familia son; Trompeta, Trompa, Trombón, Tuba e Bombardino. Tamén imparte clases de Música e Movemento (iniciación á música).

Iniciación á música

Estas clases están orientadas para nenos/as con idades comprendidas entre 4 e 6-7 anos, dependendo das aptitudes e actitudes dos nenos. Onde se traballan as primeiras pautas en música, coñecemento auditivo, etc….

Clases de música

En relación ás clases, salvo a clase de Música e movemento que é grupal, todas as demais clases serán individuais, é dicir, cada alumnos da escola terá 30 minutos de clases semanais co profesor correspondente, segundo o instrumento que toquen. Ademais cada profesor fará unha ou dúas clases grupais para dar clases de solfexo, algo esencial para un músico.

En canto á idade, será a partir dos 4 anos sen límite de idade, poden asistir a clases tanto nenos/as como adultos/as.

Os instrumentos ofrecidos nesta escola son: Oboe, Frauta, Clarinete, Saxofón, Trompeta, Trompa, Trombón, Bombardino, Tuba e Percusión. Son instrumentos orientados cara a Banda de música, porque o obxectivo da escola é que o nenos despois dun tempo tocando un instrumento, poidan tocar na Banda de Música de San Cibrao das Viñas, dirixida por: José Miguel Franqueiro.

A escola é só para xente empadroada no Concello de San Cibrao das Viñas, xa que as clases son totalmente gratuítas. En canto á Banda está aberta a todo o mundo que queira compartir e pasar un intre facendo música.