🎄O concello de San Cibrao das Viñas como xa é tradición, presenta os concursos de Nadal 2023.
IV CONCURSO DE DECORACIÓN DE NADAL 🏡
Chegou o momento de decorar as vivendas polo Nadal como manifestación de alegría pola chegada destas festas, o que supón unha expresión da creatividade persoal e colectiva. Queremos ver o noso municipio cheo de luz e espírito do Nadal.
📝 COMO PARTICIPAR:
- Poderán participar neste concurso, todos os veciños e veciñas do municipio que realicen a súa montaxe no seu balcón, ventá, porta, fachada da casa ou xardín... na parte que dea a vía pública e ten que ser o domicilio da persoa que se presenta a este concurso.
- Será unha participación por vivenda e persoa.
- Deberán enviarse, polo menos unha fotografía da decoración por concursante, ó correo electrónico cultura@sancibrao.es.
📸 TODAS AS FOTOS DAS DECORACIÓNS DEBEN CONTAR CON:
a) Indicar o Concurso no que participa.
b) Título (a casa, balcón, ventá, fachada debe estar en San Cibrao das Viñas).
c) Nome e apelidos da persoa que a envía.
d) Número de teléfono de contacto.
e) Lugar onde se habita actualmente.
f) D.N.I (fotografía ou fotocopia).
g) A fotografía ten que ser actual, orixinal e inédita, non poderá presentarse a outros concursos.
h) Se a fotografía resulta premiada non poderá presentarse a outros certames.
⏰ PRAZO:
Finaliza o luns día 8 de xaneiro de 2024 ás 23:59 h.
🔍 RESOLUCIÓN:
Os criterios de avaliación do xurado serán a creatividade, orixinalidade, deseño, iluminación, tamén se valorarán os adornos de nadal feitos a man e con material reciclado.
CREATIVIDADE: 15 Puntos
ORIXINALIDADE: 15 Puntos
DESEÑO: 15 Puntos
ILUMINACIÓN: 15 Puntos
ADORNOS FEITOS A MAN: 20 Puntos
ADORNOS DE MATERIAL RECICLADO: 20 Puntos
O fallo do xurado realizarase o 24 de xaneiro de 2024 e farase público sobre as 20:00 horas do día seguinte.
🏆 PREMIOS:
Concederanse os seguinte catro premios:
- 1º premio......................................................... 250 euros
- 2º premio..........................................................200 euros
- 3º premio..........................................................150 euros
- 4º premio..........................................................100 euros
XI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE NADAL “SAN CIBRAO EN NADAL” 📷
Gústache a fotografía? Chegou o momento de presentar o Concurso de fotografía de Nadal. Fotografías relacionadas coa Festa de Nadal. Trátase de aumentar o interese pola fotografía e das festas do Nadal, e facer partícipes a todos os veciños do Municipio co fin de obter un bo arquivo fotográfico.
📝 COMO PARTICIPAR:
- As fotografías presentadas deben de ser orixinais, inéditas e de autoría propia da persoa que as presente.
- Permítese a edición dixital, aínda que non a manipulación, a eliminación ou o engadido de elementos alleos á imaxe captada.
- Se fose preciso para a súa impresión, poderase solicitar ós autores da imaxe que a envíen en maior resolución e noutro tipo de formato.
- As fotografías non se presentaran asinadas nin con marcas de auga.
- Non se aceptarán fotografías que foran publicadas ou exhibidas anteriormente.
- O participante manifesta e garante que é o único titular de todos os dereitos de autor sobre a fotografía que presenta ó concurso e responsabilizase totalmente de que non existan dereitos de terceiros nas fotografías presentadas.
Para participar hai que enviar as fotografías a cultura@sancibrao.es cos seguintes datos:
a) Indicar o Concurso no que participa
b) Nome e apelidos do concursante
c) Dirección de correo electrónico
d) Número de teléfono de contacto
e) Lugar onde se habita actualmente
f) D.N.I (fotografía ou fotocopia)
g) A fotografía ten que ser actual, orixinal e inédita, non poderá presentarse a outros concursos.
h) Se a fotografía resulta premiada non poderá presentarse a outros certames.
💻 REQUISITOS:
As fotografías deben estar realizadas con cámara dixital e deben respectar os seguintes requisitos:
- As fotografías deben ser arquivos formato JPG
- Admitiranse fotografías en branco e negro ou color.
- O peso do arquivo non debe pasar dun máximo de 5 Mb.
⏰ PRAZO:
Finaliza o luns 8 de xaneiro de 2024 ás 23:59.
🔍 RESOLUCIÓN:
Modo de valoración:
CREATIVIDADE: 25 PUNTOS
ORIXINALIDADE: 25 PUNTOS
TEMÁTICA DO NADAL: 25 PUNTOS
CALIDADE FOTOGRÁFICA: 25 PUNTOS
O fallo do xurado realizarase o 29 de xaneiro de 2024 e farase público sobre as 20:00 horas do día seguinte.
🏆 PREMIOS:
Concederanse tres premios nas modalidades infantil e adultos:
Adultos:
- 1º premio................................................250 euros
- 2º premio................................................150 euros
- 3º premio................................................100 euros
Infantil
- 1º premio.................................................Vale xoguetes valorado en 150 euros
- 2º premio.................................................Vale xoguetes valorado en 100 euros
- 3º premio.................................................Vale xoguetes valorado en 50 euros
Anímate a participar! 🎅🎄
Calquera dubida en relación ás bases, pódense solucionar no teléfono: 📞988 381 034.