Rutas de sendeirismo
Antigos camiños creados cun uso agrario ou viaxeiro que na actualidade se transforman en rutas para camiñar a natureza.
Espazos nos que carballos, castiñeiros, freixos, amieiros e sobreiras pintan de mil verdes unha paisaxe que habitan esquíos, ourizos, coellos, raposos... Un territorio cheo de vida que nos anima a vivir.
Alén do noso patrimonio natural descubrirás tamén o cultural –igrexas, cruceiros, muiños etc.– e o arqueolóxico, pegadas do pasado que amosan quen somos e como entendemos o mundo.