📣 O concello de San Cibrao das Viñas xa está preparando o Campamento deste Nadal coa colaboración da Consellería de Cultura e Deportes.

Trátase dun Campamento multicultural de oito días de duración para nenos e nenas empadroados eles ou os seus pais/titores, no que se levarán a cabo diferentes actividades deportivas e culturais: xogos, teatro, aprendizaxe de primeiros auxilios, saídas ao exterior etc...

 

QUENDAS DAS ACTIVIDADES:

🚸 Do 26 ao 29 de decembro e do 2 ao 5 de xaneiro

Para os nenos e nenas de 6 a 14 anos.

⏰ HORARIOS DE ACTIVIDADES:

En horario de 09:00 a 13:30h.

⏰ HORARIOS DE CONCILIA:

En horario de 07:30 a 09:00h e de 13:30h a 14:30h.

🤹‍♀ OUTRAS ACTIVIDADES:

As actividades baixo cuberto levaranse a cabo no Pabellón Municipal (Praza da Constitución) e no Local Social do Piñeiral (Urbanización Vistas de Ourense)

*As saídas programadas poderán sufrir modificacións das que informaremos con antenlación.

 

✏ INSCRÍBETE!

As inscricións son individuais e deberán realizarse nesta mesma páxina web entre o 📝  1 e o 15 de decembro (ambolos dous incluídos)  no formulario que se atopará 👇 máis abaixo.

Inscricións esgotadas!!

Unha vez pechadas as inscripcións, crearase un grupo de 📲 WhatsApp con todas as inscricións para informar de todas as cuestións relativas ao desenvolvemento diario do Campamento, como  programacións diarias, modificacións etc...