A historia do Concello de San Cibrao das Viñas comeza alá polo Paleolítico, época da cal existen restos de asentamentos na comarca, e é testemuña directa do paso dos romanos por estas terras e máis tarde do poderío da Igrexa e dos señores feudais na Idade Media. Así ata chegar ós nosos días, no que destaca sobre todo esta comarca polo gran desenrolo económico e industrial que a converten no motor económico da provincia.
Podemos polo tanto, ver con maior detalle os feitos e restos que neste concello tiveron lugar nas seguintes épocas:
Prehistoria
A primeira actividade humana do concello remítenos a épocas Prehistóricas e en concreto ó Paleolítico inferior, tal e como reflicte a existencia de dous xacementos, un na parroquia de Santa Comba de Gargantós e outro na parroquia de Pazos de San Clodio, hoxe en día desaparecido baixo o Polígono Industrial. Neste último, realizouse unha cata arqueolóxica no ano 1977, que proporcionou abundantes elementos dunha industria sobre cuarcita, que pode ser adscrita ó Acheulense (cronoloxía: 700.000-120.000 BP) (bifaces, fendedores, raediras e útiles sobre lasca).
Época romana
A capital municipal conta con vestixios do século III e que podemos relacionar cun ramal da antiga calzada romana que se dirixía dende San Cibrao das Viñas cara A Rabeda, para enlazar coa vía romana XVIII, tamén chamada vía Nova por construírse serodiamente na época Flavia. Esta enlazaba Bracara con Astúrica ó traveso da actual provincia de Ourense entrando nela por Portela de Homem e saíndo por Valdeorras.
En concreto, os restos da época romana atopados foron dous miliarios, nun deles aparece o nome do emperador Carino. É unha peza ben executada, de granito e en letra capital rústica e co pouco frecuente tratamento do praenomen Mº. Esta é a súa lectura:
CARINO
NOB
CAES
O emperador Carino é de procedencia ilírica e gobernou entre o 283 e o 285 d.C. aínda que o miliario se data no ano 282 cando o seu pai, o tamén emperador Caro, o elixiu César. Este fito viario é soamente honorífico xa que só contén o nome e o título do emperador.
O miliario descubriuse no ano 1972, estaba en posición vertical coas letras invertidas, pegado ó muro absidal, embutido no piso de madeira e sostendo o retablo da capela románica do Santo Cristo (San Cibrao), e actualmente constitúe o pedestal do altar nesta mesma capela.
O outro vestixio romano tamén relacionado claramente con esta vía é a ponte romana que se ergue sobre o río Barbaña á altura da aldea de Ponte Noalla, e que só conserva os seus alicerces romanos.
A Idade Media
A cara da historia medieval deste concello atopámola tamén na capital municipal, San Cibrao das Viñas.
San Cibrao das Viñas pertenenzeu o abade da Trinidade de Ourense, unha das doce dignidades que ocuparon un lugar preponderante durante a Baixa Idade Media, con posición relevante o lado dos Obispos, e a súa xurisdición común sobre as igrexas do seu territorio; a abadía da Trinidade era a más pingüe de tódalas dignidades; as súas rendas consistían, según se pode ver polo ano de 1555 feito polo abade da Trinidad e arcediago de Baroncelle, don Alonso de Fonseca e Ulloa, nos diezmos, foros e dereitos, señoriais dos veciños dos cotos xurisdicionais da Valenzá, San Cibrao das Viñas, Villaescusa, Lamas e Pontón. Proviñan, e así xa o advirte o canónigo Juan Pérez de Nóvoa, da desmembración da antigua dotación de Alfonso III á catedral para descargar o cabildo da "susceptione peregrinorum et sustentationibus pauperum" ao que antecedería o abade da Trinidade co seu hospital. Este mismo abade que citamos, D.Alonso de Fonseca e Ulloa, no ano 1552 fai as capitulacións cos veciños de San Cibrao das Viñas para a creación da igrexa parroquial baixo a advocación de San Ildefonso no lugar sinalado polo merino Nuño Ortega; a nova igrexa edificase a costa dos veciños así como as súas reparacións, dependendo os seus capeláns da abadía. Os veciños poseedores de viñas pagaban anualmente a abadía 6 azumees de viño, e estaban obrigados a ir á Abadía en Pascuas e o día da Santísima Trinidade, asistir á Misa e ás procesións, baixo pena dunha libra de cera (Protocolo de Gonzalo Blanco, año 1552, Archivo Diocesano).
Todos estes privilexios fixeron que a finais do século XVI a parroquia de San Cibrao das Viñas se emancipara da Abadía da Trinidade, á que se opuxo enviando un elevado número de feligreses contra os veciños da vila, nun encontro na calzada romana que conduce ao Polvorín de Ourense, e moi próximo o monte de San Xoán, onde tivo lugar una larga loita, armados os bandos con azadas, paus na contenda, á que se sumaron os veciños de Barbadás, onde foron vencidos os invasores.
A pesar disto os veciños obtuvieron o apoio de Enrique IV e dos Reis Católicos e conseguiron que no ano 1577 a Audiencia do Reino de Galicia resolvera ó seu favor, de tal maneira que a vila obtén xurisdición propia, o que caracteriza o desenrolo do municipio.
Co obxeto de legalizar a independencia, Don Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Léemelos, o "Gran Conde de Léemelos", presidente do Consello de Indias e Virrei de Nápoles, gran mecenas e escritor, e insigne galego, solicitó da Corte un privilexio de iguais prerrogativas e condicións que as da Trinidad, as que accedeu la Corte, dando a San Cibrao das Viñas o honroso título de Vila e Coto.
O Conde de Lemos mandó apegar á Igrexa de San Ildefonso una capela que ainda hoxe conserva a seu nome e para o seu culto particular. Tamén construiu unha casa vivenda con muralla dende onde se divisa a capela.
Ó largo dos años as posesión do Conde de Lemos pasaron á familia de Tor, precedente e orixinaria da provincia de Lugo, cuio señorío o formaban os cotos de San Xuan que a posuian da familia de Tor lle había chegado dun canónigo de Bobadela.
Os vestixios da fidalguía e nobreza conservados no Concello de San Cibrao das Viñas limitanse ás actuais casas ou pazos que ainda persisten e as súas paredes brasonadas, ainda que os documentos que había se destruiron en 1890 con motivo dun incendio que asolou o arquivo municipal.
Actualidade
Falar do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é falar do polígono máis antigo de Galicia. Precisamente, o 25 de maio de 1965, o Consello de Administración da entón Caixa de Aforros Provincial de Ourense tomou a decisión de poñer en marcha esta zona industrial do sur de Galicia.
A continuación, buscouse o lugar máis axeitado para a súa ubicación, O Cumial, unha zona situada a 6,5 quilómetros de Ourense, en terreos do termo municipal de San Cibrao das Viñas, entre a estrada nacional de Villacastín - Vigo e a vía provincial de Ourense a Maceda. Este enclave crúzao, na súa parte sur, a liña de ferrocarril Zamora - Ourense, sendo a estación de Taboadela a máis próxima. Unha situación que reunía as condicións idóneas e adecuadas para a industria, xa que ademais de estar moi preto da capital de provincia, estaba ben comunicada, tanto por estrada como por ferrocarril.
Foi delimitado como chan industrial por Decreto 1.890/74 de 31 de maio, e incluído na Gran Área de Expansión Industrial de Galicia, segundo Decreto de 5 de xullo de 1.974.
As primeiras empresas
As empresas pioneiras en instalarse no Polígono de San Cibrao foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. A década dos setenta foi clave para a historia do Polígono Industrial ourensán. En 1975, chegouse ó acordo para a ubicación de Citroën, que ocuparía unhas 56 hectáreas de terreo. Por outra banda, o chan industrial do Polígono esgótase, polo que se fixo necesario iniciar unha segunda fase de compra de parcelas. Unha vez máis, a Caixa de Aforros, en colaboración con Sigalsa, unha sociedade constituída coa finalidade de promocionar a creación de chan industrial en Galicia, invisten en 810 mil metros cadrados de terreos nos que se situarán un total de 27 empresas, entre as que se atopaba Coren Uteco (actualmente Coren).