I Concurso: Unha Muller, un traballo igualitario

O concello de San Cibrao Das Viñas coa finalidade de conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra o día 8 de marzo, organiza o primeiro concurso do 8M.

PARTICIPANTES:

Poderán presentarse ó concurso todos os nenos/as empadroados/as no Concello coa idade comprendida entre os 3 e 18 anos.

TEMÁTICA

O tema do “I concurso Unha muller, un traballo igualitario”, será a expresión por medio dun debuxo ou vídeo da loita da muller polos seus dereitos, pola súa participación, en igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

MODALIDADES:

1ª Debuxo:

  • Categoría 1º (Educación Infantil, Primaria e Educación Especial).
  • Categoría 2º: Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e/ou Formación Profesional de Grao Medio).

2ª Video curto para redes sociais: Categoría única.

COMO PARTICIPAR:

  • DEBUXO:

Realizaranse a cor ou en branco e negro e en tamaño DIN-A4 ou DIN-A3.

Pódense usar todo tipo de técnicas de forma separada ou mesturada (rotulador,

pintura, acuarelas, lapis de cores...).

A participación será de carácter individual e só se admitirá un debuxo por participante.

Os debuxos serán presentados nas oficinas municipais en horario de 8:30 – 14:00 horas ou ben por correo postal xunto coa folla de inscrición debidamente cumprimentada.

  • VIDEO:

Duración mínima de 2 minutos e máxima de 5 minutos.

Poderán ser presentados en formato AVI, MPEG-2, MOV, MP4.

Os participantes na modalidade vídeo deberán enviar o material e unha folla de inscrición debidamente cumprimentada ó seguinte número de teléfono 608 275 776.

Os participantes poderán presentarase ás dúas modalidades.

IDENTIFICACIÓN:

 É imprescindible enviar xunto co traballo presentado a folla de inscrición debidamente cumprimentada, en todos os seus apartados, polo pai/nai/ titor no que autoricen ó menor a participar no Concurso e aceptando as bases do mesmo.

Se os traballos resultan premiados non poderán presentarse a outros certames.

PREMIOS:

Modalidade DEBUXO:

  • 1º Categoría:

1º Premio - Tablet

2º Premio - Lote de pinturas

  • 2º Categoría:

1º Premio – Tablet

2º Premio – Lote de Pinturas

Modalidade VIDEO:

  • Categoría: Única

1º Premio - Tablet

2º Premio - Auriculares sen fíos.

PRAZO:

Ata o venres 01 de marzo de 2024 ás 23:59.

Anímate a participar! 💜