As accións que se realizan dende este servizo teñen como obxectivo mellorar as posibilidades de inserción laboral das persoas desempregadas e tamén apoiar aos novos emprendedores e ás empresas que o necesiten. Para o desenvolvemento destas accións o servizo conta coa dedicación dun técnico local de emprego.

Actuacións do servizo de orientación laboral

  • Información sobre os programas de Formación e Inserción laboral da Xunta de Galicia.
  • Difusión das subvencións e axudas para a contratación de persoas desempregadas.
  • Intermediación laboral: información e xestión de ofertas de emprego, listas de contratación, etc…
  • Deseño e elaboración de currículos e cartas de presentación.
  • Información e asesoramento a empresa, das distintas convocatorias de subvencións de empregabilidade da Xunta de Galicia.
  • Información e asesoramento na tramitación de axudas a novos emprendedores, para a posta en marcha dos seus proxectos.
  • Asesoramento a empresas xa creadas sobre axudas que poidan mellorar a propia empresa.