Axuda por nacemento ou adopción de fillo

Preténdese axudar as familias de San Cibrao das Viñas que teñan fillos/as por nacemento ou adopción.

Cada nacemento que teña lugar ou cada adopción que se formalice cumprindo os requisitos das bases, serán obxecto dunha axuda de 500 euros.

REGULACIÓN:

(Texto tamén dipoñible na sede electrónica do Concello en https://sancibrao.sedelectronica.es/ -> Portal de transparencia -> Normativa -> Ordenanzas e regulamentos)

Servizo de axuda no fogar

O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual. O servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

REGULACIÓN:

A Deputación Provincial de Ourense cofinancia o SAF Municipal na súa modalidade de Básico.

 

Axuda para libros e material escolar

Destinadas a facilitar a compra de libros e material didáctico ós/as alumnos/as de educación infantil, matriculados en centros públicos ou privados en tramos concertados, nivel educativo non incluido no Programa de Gratuidade da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

A contía para libros e material didáctico,por alumno/a, dependerá da factura presentada establecéndose en 145 euros a máxima cuantía a subvencionar.

REGULACIÓN:

      • Bases publicadas anualmente para ó efecto.

 

Alimentos

Trátase da distribución periódica de alimentos e outros productos de primeira necesidade ás persoas necesitadas en convenio coa Asociación Amigos de Galicia, renovable anualmente.

As principais beneficiarias das axudas expostas neste convenio son as familias en situación de carencia de recursos económicos, prioritariamente, cando estas unidades familiares contan con menores a cargo, debendo reunir uns criterios económicos, familiares, de convivencia e de empadroamento e de residencia efectiva durante 6 meses ó ano.

REGULACIÓN:

      • L.A.R da Risga e P.N.C aprobados anualmente pola Xunta de Galicia e o Ministerio correspondente.

 

Actividades para maiores

1.- Taller de memoria

Estimulación cognitiva das persoas maiores.

Destinatarios: Persoas maiores empadroadas no concello previa inscrición nas oficinas do Concello

2.- Curso de manualidades

Aprendizaxe de diversas técnicas de manualidades: cuadros de área, decoupage, etc.

Destinatarios: Persoas maiores empadroadas no concello

3.- Viaxe cultural/excursión

Realización dunha excursión cultural cos vecinos/as empadroadas no Concello xeralmente durante o mes de setembro, previa inscrición nas oficinas do concello.

Servizo de "Aula Concilia"

Normas reguladoras do servizo de conciliación “Aula Concilia”

Formulario de inscrición