Dentro dunha gran variedade de festas que se celebran ao longo do ano, destacamos de maneira especial as festas patronais xa que contan cunha dobre peculiaridade, por unha banda teñen un orixe relixioso e por outro están marcadas por a súa delimitación xeográfica a unha comunidade en concreto. Na actualidade as festas patronais, son festas que vinculan ademais dos membros católicos, ás poboacións próximas e incluso a turistas, estranxeiros en busca de novidades culturais, a todos eles independentemente do seu credo ou da relación existente coa poboación.

Dentro das festas ofrécese unha ampla gama de actividades, de carácter relixioso e sen tal carácter tamén para o desfrute de todos.

No municipio de San Cibrao das Viñas celebramos o longo do ano distintas festas de carácter relixioso nas que se soe mesturar a máis fervente doutrina coa cultura gastronómica e por suposto todo isto acompañado da mellor música.

Así pois no mes de FEBREIRO o concello conta con festas en:

  • 3 Febreiro - “San Blas”: en Pazos de San Clodio.
  • 5 Febreiro - “Santa Águeda”: en Ponte Noalla.

En MAIO dúas novas festas como son:

  • 3 Maio - “Santa Cruz”: en Santa Cruz da Rabeda.
  • 22 Maio - “Santa Rita”: en Picouto.

En XUÑO dividimos as festas en dous pobos a vez:

  • 13 Xuño - “San Antonio”: en Belmonte e Montelongo (Soutopenedo).

En XULLO:

  • 26 Xullo - “Santa Ana”: en Vilanova.

En AGOSTO o Concello celebra tres festas:

  • 6 Agosto - “San Salvador”: en Ponte Noalla.
  • 15 Agosto - “Nosa Señora da Asunción”: en Rante.
  • 16 Agosto - “San Roque”: en San Cibrao das Viñas.

En SETEMBRO volvemos celebrar a mesma festividade en pobos diferentes:

  • 8 Setembro - “Os Remedios”: en Reboredo e en Penedo.

En OUTUBRO tamén festexamos o mesmo día en dúas localidades:

  • 7 Outubro - “Nosa Señora do Rosario”: en Santa Comba de Gargantós, e en Calvos.

En NOVEMBRO:

  • 30 Novembro - “San Andrés”: en Rante.

En DECEMBRO:

  • 13 Decembro - “Santa Lucía”: en Soutopenedo.

Deixando as festas patronais, podemos xa falar das tradicións populares, que reinan ou reinaron nalgún momento da historia de San Cibrao con maior fervor, e que co tempo foron dando lugar a pequenas accións para seguir no recordo das xentes. Un claro exemplo delo témolo en Noalla, coa celebración das alfombras florais.

Alfombras Florais