A Axencia de Lectura
A Axencia de Lectura está situada a carón do Concello, está integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia e ten libros de literatura, enciclopedias, nenos, mozos, etc… Con un total de 7.800 volumes de diferentes temas que se atopan dispoñibles. Dispón do sistema informático – Meiga 2001 – que permite aos usuarios acceder rapidamente ó acervo da Biblioteca.
Asimesmo, a Axencia de Lectura, dispón de exemplares de lectura para todas as idades a outras publicacións diarias e revistas sobre diversos temas e de entretemento.
Servizos
- Servizo de Información bibliográfica e xeral.
- Servizo de Consulta en sala de lectura.
- Servizo de Préstamo de libros e audiovisuais (cursos de Inglés, crónica do seculo XX…).
- Formación de usuarios: inclúe visitas de escolares pre-organizadas para ver como funciona unha biblioteca, cales son os requisitos para converterse nun membro da axencia, etc.
- Servizo de acceso gratuíto a Internet: A axencia ten oito ordenadores dispoñibles para os usuarios, para realizar consultas e un escáner e impresoras (en cor e branco e negro).
- Clases de Informática: iniciación ás TIC’s (horario de mañá).
- Apoio nas tarefas escolares (horario de tarde).
Préstamos de libros
O servizo de préstamo da biblioteca para ata 15 días, prorrogables, con renovación. Isto require ter a tarxeta da Axencia de lectura, é fácil de conseguir, xa que só precisas:
- Dúas fotografías tipo carne.
- Fotocopia do DNI.
Normas de uso dos ordenadores
- Anotar na ficha o nome de usuario, a fecha e hora na que se realice o servizo.
- O tempo de uso máximo e de 30 minutos se hai outras persoas á espera.
- Non se permite baixar, descargar, ou executar NADA DE INTERNET.
- Non se permite comer nin falar mentres se fai uso dos ordenadores