Compráceme saudarlles dende esta páxina Web para darlles a benvida a este espazo de información, que desexa estar á altura das novas circunstancias de comunicación en Internet.
É o noso desexo dar a coñecer os servizos de información que se inclúen neste espazo Web, co fin de facer máis fluída a nosa relación cos usuarios que nos visiten.
Neste portal poderán atopar a información que precisen sobre o seu municipio e as empresas que nel se asentan, ademais de ter acceso a moitas das xestións que a Administración Local ofrece.
Por todo isto invítolles a visitar esta e todas as páxinas que compoñen este espazo Web, para que así, e coas vosas suxestións, podamos mellorar continuamente este e os demais servizos que lles ofrece este Concello.
E para todos aqueles que gusten de visitarnos, brindámoslles un punto de referencia para coñecer e descubrir o noso fermoso municipio.
Coa esperanza de que todo isto represente unha nova mellora de benestar para todos nós, aproveito a ocasión para darlles un cordial saúdo.
Firma. Dona. Marta Novoa Iglesias