O polígono de San Cibrao das Viñas terá un aparcamento seguro para camións a finais de ano

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asinou o día 27 pola mañá o convenio de colaboración coa Deputación de Ourense e a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, para construír un proxecto pioneiro a nivel nacional, un aparcamento protexido para camións.

 

A Asociación dispuxo dunha parcela de 11.000 metros cadrados na que se crearán 59 prazas de estacionamento. Trátase do primeiro estacionamento con perspectiva de xénero, terá dous inmobles separados para homes e mulleres con vestiarios e zonas de descanso, con controis acceso e completamente videovixiladas.

O obxectivo é que se converta nun aparcadoiro calidade Oro, a segunda categoría máis importante segundo os estándares da Unión Europea.

Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, recalcou a necesidade dun aparcamento destas características para atraer ás mulleres a este sector xa que está moi masculinizado.

José Antonio Rodríguez Araújo, presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, destacou este proxecto como un dos máis importantes para o polígono, facendo historia e sendo referente en materia de igualdade.

A alcaldesa de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, sinalou "agradecemos o compromiso da Xunta e a Deputación con esta inversión en San Cibrao, fruto da colaboración cos empresarios neste proxecto pioneiro que responde a unha das súas demandas prioritarias".

Prevese que estará listo antes de que finalice este ano.