O Parque Tecnolóxico de Galicia S.A. é a entidade responsable de xestionar un conxunto de infraestruturas, espazos, recursos, capacidades e servizos destinados a empresas, emprendedores e proxectos que utilizan como ferramentas de crecemento a innovación e o coñecemento.
Tecnópole é unha comunidade de talento onde as iniciativas individuais se suman ás capacidades e as visións compartidas, onde flúe a información e o coñecemento onde as empresas se poñen en marcha crecen e compiten.
Historia
Tecnópole foi inaugurada o 10 de outubro de 1992 e comezou a desenvolver a súa actividade en marzo de 1993 grazas ao esforzo da Xunta de Galicia, que contou, entre outros co apoio das tres Universidades galegas, a Deputación de Ourense e os concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas.
A súa posta en marcha debeuse á necesidade de crear un ámbito de referencia en Galicia dirixido a acoller, apoiar e potenciar iniciativas empresariais de marcado carácter innovador e que apostasen pola tecnoloxía, a investigación e o desenvolvemento como eixes da súa actividade.
Oferta de espazos
A Tecnópole conta cunha superficie de 255.000 m2 na que ofrece os servizos necesarios para a posta en marcha de proxecto empresariais.
Incubadora de Empresas
Tecnópole conta no Centro de Empresas e Innovación (Edificio CEI) con 2.200 m2 destinados á incubación de empresas. Trátase de niños dirixidos tanto a emprendedores que queiran iniciar a súa actividade empresarial, como a empresas ou departamentos destas interesados en desenvolver proxectos innovadores con compoñente tecnolóxico.
Oficinas en aluguer
Tecnópole ofrece 3600 m² de oficinas en aluguer repartidas entre dous edificios (Tecnópole I e Tecnópole II).
Parcelas
En Tecnópole hai 255.000 m2 de terreo distribuído en parcelas de diferentes superficies para a construción de naves de carácter industrial, tecnolóxico ou de servizos.
Empresas
O Parque Tecnolóxico de Galicia conta con case un centenar de empresas de diversos sectores: Tecnoloxías da Información, Enerxía, Medio Ambiente, Aeronáutica, Automoción, Agroalimentario, Electrónica, Investigación e Desenvolvemento, Enxeñería, Medicina e Biotecnoloxía, Servizos Avanzados, Servizos Xerais e Téxtil, entre outros.
Vídeo corporativo da Tecnópole