O concello de San Cibrao das Viñas organiza o concurso de decoración de Samaín 2023.
Requisitos para participar:
- Estar empadronados/as no concello de San Cibrao das Viñas
- Enviar dúas fotografías por concursante da decoración de Samaín realizadas no exterior con visibilidade dende a vía pública xunto coa fotocopia do D.N.I ao enderezo electrónico biblioteca@sancibrao.es, onde deberá constar un título, nome e apelidos da persoa que envía a fotografía, número de teléfono de contacto e enderezo habitual.
- As decoracións deben estar realizadas dentro do termo municipal de San Cibrao das Viñas.
Prazo de presentación:
O prazo para presentar as fotografías das decoracións comeza o día 27 de outubro e remata o día 6 de novembro de 2023 .
Para máis información na biblioteca municipal ou una páxina web www.sancibrao.es