Talleres de Memoria para adultos ¡anótate!

📣 O Concello de San Cibrao das Viñas, organiza de novo os Talleres de Memoria, dirixidos á poboación adulta. Amplíase este obradoiro a seis locais socias do Concello.

A data exacta de inicio indicarase unha vez que se pechen as inscricións.

LUNS

📍 No Local Social de Soutopenedo en horario de ⏰ 16:00 a 17:30h.

📍 No Local Social de Currás en horario de ⏰ 18:00 a 19:30h.

 

MÉRCORES

📍 No Local Social de San Cibrao en horario de ⏰ 16:00 a 17:30h.

📍 No Local Social de Ponte Noalla en horario de ⏰ 18:00 a 19:30h.

 

VENRES

📍 No Local Social do Picouto en horario de ⏰ 16:00 a 17:30h.

📍 No Local Social de Santa Cruz en horario de ⏰ 18:00 a 19:30h.

 

👉 REQUISITOS

Estar empadroado/a no Concello.

Os talleres levaranse a cabo sempre e cando se reúna un grupo mínimo.

 

📝 INSCRICIÓNS

Dende o luns 20 de febreiro na Biblioteca Municipal en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas. 

As prazas son limitadas. Unha vez pechado os inscritos, indicaráselle a data exacta do taller.

*Ao formalizar a inscrición, cada persoa só poderá anotar a outra e deberá indicar o lugar elexido para a realización do taller, xa que só se poderán inscribir nun dos lugares establecidos.

 

PRAZAS LIMITADAS. ANÓTATE!