Comunícase que dende o día 1 ao 20 de marzo, está aberto o prazo para formalizar a reserva de praza para o curso 2024/2025 para todos os nenos/as que xa están na actualidade matriculados na Escola Infantil Municipal.
Todos os interesados en continuar na Escola Infantil Municipal, teñen a sua disposición o procedemento na sede electrónica do Concello, na propia Escola Infantil ou nas oficinas municipáis.
Xunto co formulario de reserva de praza, deberase achegar a seguinte documentación:
(Mais info sede electrónica do Concello)
- Relación do núcleo de convivencia (certificado de convivencia) do Concello onde resida a unidade familiar.
- Declaracións da renda correspondentes ao ano 2022 de todos os membros da unidade familiar ou certificado negativo de non ter presentada a dita declaración.
- Certificados actualizados dos horarios laborais dos pais.
Unha vez comprobada a realización deste trámite, estes alumnos/as terán garantido o acceso ao novo curso.