Aberto o prazo para formalizar a reserva de prazas do curso 2023/2024 na Escola Infantil "Os Pequerrechos"

Escola Infantil Os Pequerrechos

📣 Queda aberto o prazo para formalizar a reserva de praza para o curso 2023/2024 para todos os nenos e nenas que están matriculados actualmente na Escola Infantil "Os Pequerrechos" dende hoxe ata o 20 de marzo.

Este ano, como novidade cambia o horario de funcionamento da escola infantil e queda da seguinte maneira:

➡️ Horario de apertura: 6.45h

➡️ Horario de peche: 19.30h

Todos os interesados en continuar na escola infantil, deberán achegar xunto co impreso de reserva de praza, que estará a súa disposición nas oficinas municipais, na propia escola infantil ou ben na sede electrónica do Concello, a seguinte documentación:

  •  Relación do núcleo de convivencia (certificado de convivencia) do concello onde resida a unidade familiar.
  •  Declaracións da renda correspondentes ao ano 2021 de todos os membros da unidade familiar ou certificado negativo de non ter presentada a dita declaración.
  •  Certificados actualizados dos horarios laborais dos pais.
  • Libro de Famila

Unha vez comprobada a realización deste trámite, estes alumnos/as terán garantido o acceso o novo curso.