O Concello de San Cibrao das Viñas realiza unha ampliación da sua Aula Concilia, un servizo destinado a aqueles pais que se atopen en situación laboral de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos.
Ampliado para aqueles días que os nenos e nenas do Concello non teñan escola e os seus proxenitores teñan que traballar.
(Excluídos os días festivos, sábados e domingos).
Para poder acceder será imprescindible que un dos proxenitores ou nenos estén empadroados no Concello.
O servizo é gratuito.
Horario: De 7:30 a 14:30 horas.
Está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Se estás interesado e aínda non formas parte da Aula Concilia, acude ó Concello a informarte ou aquí mesmo.