O Concello organiza unha excursión a Oporto

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza unha excursión a O Porto os vindeiros días 30 de Setembro ao 1 de Outubro de 2023

O Concello de San Cibrao organiza unha excursión a Oporto

O Concello de San Cibrao das Viñas organiza unha excursión a Oporto os vindeiros días 30 de Setembro ao 1 de Outubro de 2023 con saída o 30 de setembro ás 7:45h da Praza do Concello.

👉🏻 Prezo

O prezo será de 150 euros por persona en habitación dobre e pensión completa e de 175 euros en habitación individual e pensión completa que deberán ingresar nun número de conta que se facilitará con posterioridade á inscrición, sendo necesario formalizar o pago no momento en que se lle requira por parte do Concello para facer firme a reserva.

📝 Inscricións:

Dende o día 7 de agosto ao día 21 de agosto e ata cubrir prazas poderán anotarse no Concello as persoas empadroadas maiores de 18 anos que estén interesadas nesta excursión.

As prazas cubriránse por rigurosa orde de inscrición e cada persoa só poderá anotar a tres máis, tendo que vir provistos do DNI e da correspondente autorización.