O Concello de San Cibrao das Viñas acomete, a través dunha empresa adxudicataria, os traballos para dotar ao núcleo de Picouto dun moderno e funcional Centro Social. As obras, que dispoñen dun orzamento de 108.000 euros, aportados íntegramente polo Concello, está previsto que queden rematadas, a máis tardar, durante o próximo mes de maio. O edificio será de planta baixa, disporá de 95 metros cadrados útiles e estará destinado a un uso cultural, lúdico, social e recreativo por parte dos veciños e veciñas de Picouto.
Comezaron as obras do Centro Social de Picouto
O Concello de San Cibrao das Viñas acomete un moderno e funcional Centro Social.