Concilia San Cibrao 2023

Novo servizo Concilia San Cibrao

O Concello de San Cibrao das Viñas pon en marcha Concilia San Cibrao, un novo servizo destinado a aqueles pais que se atopen en situación laboral de incompatibilidade horaria para o coidado dos seus fillos. 

Para poder acceder será imprescindible que un dos proxenitores ou nenos estén empadroados no Concello

O servicio, gratuito, será accesible en dependencias municipais de luns a venres en horario de 15:00h a 20:00h e está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos

As preinscripcións para realizar a solicitude estarán abertas do 22 ao  31 de agosto e realizaranse nesta mesma páxina web no formulario que se atopará 👇 neste mesmo apartado.

Unha vez inscritos os beneficiarios deberán entregar a documentación correspondente unha vez que lles sexa solicitada. 

 

O servizo dará comezo a partir do 2 de outubro. 

O prazo de inscrición está pechado!!!