O próximo día 18 de decembro o Concello de San Cibrao das Viñas organiza coa colaboración da Delegación Ourensana de Atletismo a XIX Carreira Pedestre de San Cibrao das Viñas, Campeonato provincial de 10 kms en ruta.
🏃 Saída e meta
Piscinas municipais de Ponte Noalla.
📝 Inscricións
✍️ Inscricións presenciais en Deportes Runmaniak (Rúa Samuel Eiján, 9 - bajo, 32003 Ourense) .Ata o martes 13 de decembro ás 20:00h.
🔗 Inscricións on-line: www.carreirasgalegas.com. Ata o xoves 15 de decembro ás 00:00h.
- Carreira de adultos: está limitada a 400 participantes e a colaboración coa carreira será de 6€.
- Carreira de escolares: está limitada a 100 participantes e a colaboración coa carreira será de 2€.
- Carreira de pitufos: non ten límite de participación e as inscricións son gratuítas.
A Carreira Pedestre do Concello de San Cibrao é unha proba incluída no calendario oficial de probas en ruta da Federación Galega de Atletismo con distancia homologada de 10.000 metros. A organización contará co asesoramento da Delegación en Ourense da Federación Galega de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.
📌Máis información
☎ 608275776
☎ 680135711