Últimas prazas vacantes na Escola Municipal Infantil

Quedan as últimas prazas vacantes na Escola Municipal Infantil dirixidas a nenos e nenas nados en 2019, 2020 e 2021.

A Escola, Premio Nacional ao Mellor Proxecto Educativo, conta cun horario de 6:45 a 21.30h, amplias instalacións luminosas, mobiliario adaptado aos pequenos e materiais antibacterias.

Os menús son elaborados por nutricionistas e existe servizo de almorzos, comidas e merendas. Tamén se organizan excursións, obradoiros e danse clases de inglés.

O persoal da Escola está especializado en Educación Infantil e ten máis de 15 anos de experiencia.

Todas as prazas están subvencionadas e teñen as tarefas da Xunta. A Escola segue o protocolo Covid según as recomendacións da Administración.

Inscricións directamente no Concello.

Máis información nos teléfonos 988 384 958 e 608 931 615.