📣 O concello de San Cibrao das Viñas comunica a todos/as interesados/as que para o próximo curso 2022/2023 está prevista a gratuidade da atención educativa para todos os matriculados na Escola Infantil.
ESTÁS INTERESADO?
⏰ PRAZOS
O prazo para formalizar a solicitude de praza para o dito curso 2022/2023 está aberto dende o día 1 ata ao 20 de abril.
✏ REQUISITOS
O impreso para formalizar este trámite estará a disposición dos/as interesados/as nas oficinas municipais e na sede electrónica do Concello así como a relación da documentación complementaria que se deberá achegar xunto coa solicitude.
📝 RESOLUCIÓN
As listas provisionais así como as definitivas faranse públicas, sempre que sexa posible, durante o mes de maio, no taboleiro de novas, na páxina web, na sede electrónica do Concello e na propia escola infantil.