O polideportivo atopase na entrada á Praza da Casa do Concello.

Instalacións

O ximnasio

O ximnasio está situado na planta baixa do polideportivo, ofrece modernas instalacións climatizadas, e está totalmente equipado con máquinas de calidade, dispón de monitor deportivoque se encarga de supervisar o correcto funcionamento, así como aconsellar e instruír os nosos deportistas veciños.

Horario

De luns a venres de 18:00 a 22:00 (Xulio e Agosto Pechado)

A Cancha

A cancha principal atopase cuberta e acondicionada para practicar baloncesto e fútbol sala, conta con marcador electrónico e gradas. Tamén se realiza nela diversas actividades como Pilates, Zumba, etc…

Actividades

  • Escola municipal de futbol sala (para nenos/as empadroados de 4 a 14 anos)
  • Escola municipal de baile moderno (para nenos/as empadroados de 4 a 14 anos)
  • Clases dirixidas de Pilates (a partir de 16 anos)

Servizos tempada 2018/2019

  • Pilates a partir de 16 años (Mireya-Elena) (a partir do 3 de Setembro)
    Horario luns e mércores de 19:00 a 20:00.
  • Basket para nenos/as de 7 a 11 anos nados entre 2007 e 2013 (a partir do 5 de Outubro)
    Horario venres de 18:00 a 19:00.
    Os horarios, grupos e actividades poden sufrir variacións segundo as incripcións. Os interesados deberán estar empadroados eles ou algún dos seus pais no Concello.
  • Futbol sala para nenos/as de 8 a 14 anos (a partir do 1 de Outubro)
    Horario luns e mercores de 18:00 a 19:00.
  • Futbol sala para nenos/as de 4 a 7 anos (a partir do 1 de Outubro)
    Horario martes e xoves de 18:00 a 19:00.

Prezos tempada 2017/2018 (a partir do 1 de setembro)

  • Ximnasio supervisado polo monitor para uso das instalacións do Polideportivo e de Ponte Noalla, prezo para empadroados de 15 euros por mes, e 20 euros por mes para non empadroados.
  • Aluger da cancha para fútbol sala e baloncesto prezo para empadroados 10 euros a hora.

Máis Información

Para mais información pode dirixirse ao propio monitor deportivo do polideportivo en horario de luns a venres de 10:00 a 22:00 ou no teléfono 608275776.