Aberto o prazo para novo ingreso na Escola Infantil Municipal curso 2023-2024

Escola Infantil Os Pequerrechos

📣 Ábrese o prazo para formalizar novas solicitudes de praza para Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2023/2024. Dende o 1 de abril ata o 20 do mesmo mes, poderase presentar a solicitude para todos os nenos e nenas que desexen acceder por primeira vez unha praza na escola infantil municipal do Concello de San Cibrao das Viñas.

Este ano, como novidade, cambia o horario de funcionamento da escola infantil e queda da seguinte maneira:

➡️ Horario de apertura: 06:45 horas.

➡️ Horario de peche: 19:30 horas.

Todos os interesados poderán realizar a inscripción na sede electrónica do Concello a partir do día 1 de abril ou de forma presencial nas oficinas municipais do Concello. Xunto co impreso de solicitude de novo ingreso deberá de achegarse a seguinte documentación anexa:

  • DOCUMENTACIÓN OBRIGATORIA A PRESENTAR
    • Copia DNI/NIE de ambos proxenitores.
    • Copia Declaración do imposto da renda das persoas físicas (IRPF) ou certificación negativa de Hacienda de ambos proxenitores correspondente ao ano 2021.
    • Vida laboral actualizada de ambos proxenitores.
    • Copia Libro de familia ou documento que acredite oficialmente a situación familiar.
    • Autorización da persoa proxenitora non solicitante (Anexo II).
    • Certificado de empadroamento actualizado con relación do núcleo de convivencia do Concello onde resida a unidade familiar (no caso de unidades familiares empadroadas neste Concello, non será necesario aportar esta documentación, por ser consultada de oficio).
  • DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA, SEGUNDO O CASO
    • Certificación de demanda de emprego con efectos do día anterior á apertura do prazo de solicitude de novo ingreso.
    • Certificado de monoparentalidade expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Certificado no que a empresa especifique a xornada laboral do traballador e o lugar de traballo.
    • Título de Familia numerosa.
    • Informe sobre a necesidade de integración na escola infantil acreditada por un Equipo de Valoración e Orientación da Consellería de Política Social e Xuventude, no caso de nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo.
    • Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos.
    • Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia do neno/a, nai/pai, acolledor/a, titor/a legal, ou outros membros da unidade familiar.
    • No seu caso, sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais ou, de non percibilas, denuncia presentada ante o Xulgado para a obtención das mesmas.
    • Documentación xustificativa no indicado 9.2.i) segundo a Resolución de 7 de marzo de 2023 da Axencia Galega de Servizos Sociais.
    • Documentación acreditativa de condición de persoa do ámbito do deporte de alto nivel segundo o anexo correspondente ao baremo.

📝 As listas provisionais, así como as definitivas faranse públicas, sempre que sexa posible, durante o mes de maio no taboleiro de novas, na páxina web, na sede electrónica do Concello e na escola infantil.