Descripción do trámite
É a comunicación do cambio na titularidade dun establecemento aberto, e no que non cambia o uso do mesmo, e non sufre modificacións respecto do establecemento orixinal.
Estarán sometidas ao trámite as seguintes actividades
- Tódolos establecementos abertos nos que cambie a titularidade do mesmo.
Se o desexa pode consultar a ordenanza municipal ó respecto: Ordenanza reguladora dos procedementos de autorización e control do exercicio de actividades e servizos | Documento Acrobat Reader, 1052KB
Documentación necesaria:
- Impreso de modelo de cambio de titularidade.
- Referencia catastral da finca ou edificio no que se realizarán as obras.
- Documentación relativa á licenza (ou dereito derivado da declaración responsable ou comunicación previa).
- Documentación relativa á adquisición do local ou a actividade (citada).
- Fotocopia da alta no IAE.
- Fotocopia do contrato de aluguer ou escritura dea propiedade do local.
- Fotocopia da escritura de constitución da sociedade, se é o caso.
- Calquera outra documentación que a normativa urbanística ou sectorial requira.
- Xustificante do pagamento das taxas.
Formularios:
Impreso de Comunicación de cambio de titulariedade | Documento Acrobat Reader, 160KB