Actividades para maiores

Estimulación cognitiva das persoas maiores

Talleres de memoria: exercicios para facer na casa

Con motivo da declaración de estado de alarma no que todos os veciños/as temos limitados os nosos desprazamentos e actividades fora da vivenda, e sendo coñecedores das necesidades de estimulación cognitiva das persoas maiores, os servizos sociais do Concello puxémonos en contacto coa asociación de familiares de enfermos de alzhéimer de Ourense (AFAOR) para poder facilitar e facerlle chegar a quen estea interesado en realizar na casa:

  • Exercicios de estimulación nivel medio baixo ou
  • Exercicios de estimulación prevención

Do mesmo xeito, calquera veciño/a que se atope nesta situación e que se sinta na necesidade de contar cun apoio psicolóxico poñerémolo en contacto con persoal técnico de AFAOR, para a súa posterior atención.

Mais información no teléfono da concelleria de asuntos socias: 639439237