O polideportivo atopase na entrada á Praza da Casa do Concello.
Acceso a aplicación de reservas
Aquí podes reservar a tua praza para acceder os ximnasios municipais
Instalacións
Dirección / Contacto
Plaza de la Constitución s/n - 32910 - San Cibrao das Viñas - Ourense
Tlfn: 608 275 776
Email: juan.otero@sancibrao.es
O ximnasio
O ximnasio está situado na planta baixa do polideportivo, ofrece modernas instalacións climatizadas, e está totalmente equipado con máquinas de calidade, dispón de monitor deportivoque se encarga de supervisar o correcto funcionamento, así como aconsellar e instruír os nosos deportistas veciños.
Horario
Pechado temporalmente a causa do COVID-19
A Cancha
A cancha principal atopase cuberta e acondicionada para practicar baloncesto e fútbol sala, conta con marcador electrónico e gradas.
Actividades
- Escola municipal de futbol sala (para nenos/as empadroados de 4 a 14 anos)
- Escola municipal de basket (para nenos/as empadroados de 5 a 14 anos)
Servizos tempada 2019/2020
- Basket para nenos/as de 5 a 14 anos (a partir do 4 de Outubro)
Horario venres de 18:00 a 19:00.
Os horarios, grupos e actividades poden sufrir variacións segundo as incripcións. Os interesados deberán estar empadroados eles ou algún dos seus pais no Concello. - Futbol sala para nenos/as de 8 a 14 anos (a partir do 1 de Outubro)
Horario luns e mercores de 18:00 a 19:00. - Futbol sala para nenos/as de 4 a 7 anos (a partir do 1 de Outubro)
Horario martes e xoves de 18:00 a 19:00.
Prezos tempada 2019/2020 (a partir do 1 de setembro)
- Ximnasio supervisado polo monitor para uso das instalacións do Polideportivo e de Ponte Noalla, prezo para empadroados de 15 euros por mes, e 20 euros por mes para non empadroados.
- Aluger da cancha para fútbol sala e baloncesto prezo para empadroados 10 euros a hora.