Ante a situación complexa pola que estamos a pasar, este Concello pon a disposición dos estudantes de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria que non dispoñan de medios no seu domicilio, O SERVIZO DE IMPRESIÓN, co fin de que os máis cativos poidan seguir co traballo lectivo que están a facer dende a súa casa.
Só se imprimirán as tarefas para que fagan os nenos en ningún caso libros.
Os interesados deberán estar empadroados eles ou algún dos seus pais no Concello.
Envíanos o que queres IMPRIMIR a:
imprimir.sancibrao@gmail.com
Indicando no correo electrónico un nome, enderezo e un teléfono de contacto.
O persoal do Concello acercarávolo a vosa casa.
O Alcalde,
Manuel Pedro Fernández Moreiras