Este centro deportivo foi inaugurado o 27 de xaneiro de 2017 e está situado en Ponte Noalla.

Acceso a aplicación de reservas

Aquí podes reservar a tua praza para acceder as clases dirixidas do ximnasio municipal

Instalacións

As modernas instalacións climatizadas, contan con espazo de cafetería con vending, sala de ximnasio, dúas salas para clases dirixidas, así como vestiarios, e servizos de wifi en todo o recinto.

Dirección / Contacto

Rúa Peipaz nº6 32915 - A Pontenoalla - San Cibrao das Viñas Ourense

Tlfn: 988 060 498 / 608 275 776

Email: deportes@sancibrao.es

O Ximnasio

ximnasio consta de una sala de 250 m2, con máquinas de exercicio aeróbico con servicio de Internet e TV, así como zona de peso libre e numerosas máquinas de musculación, dispón de monitor deportivo que se encarga de supervisar o correcto funcionamento, así como aconsellar e instruír os nosos deportistas veciños.

Horario

De Xaneiro a Xulio e de Setembro a Decembro e de luns a venres de 8:00 a 22:00 e sábados de 10:30 a 13:30 

En Agosto de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 18:00 a 22:00 e sábados de 10:30 a 13:30 

Sala de Clases Colectivas

A sala de clases colectivas, de 110 m2, está preparada para todo tipo de exercicios en grupo.

Sala de Ciclo Indoor

A sala de ciclo indoor, de 45 m2, totalmente equipada dispón de 19 bicicletas de spinning.

Servizos tempada 2023/2024 (a partir do 1 de setembro)

  • Tonificación
    Buscamos a firmeza e o tono muscular, traballando tódolos grupos musculares, combinando traballo
    cardiovascular con pesas e diversos materiais de adestramento.
    Horario martes de 10:00 a 10:45 e xoves de 20:00 a 20:45. 
  • Zumba
    Divertida forma de manter o corpo saudable, fortalecelos músculos e dotar de maior flexibilidade ó corpo
    a través de movementos de baile combinado con rutinas de exercicios aeróbicos.
    Horario luns de 10:00 a 10:45 e luns e mercores de 21:00 a 21:45.
  • Pilates
    Reforza e tonifica os músculos, mellora a mobilidade das articulacións, achega flexibilidade e equilibrio,
    traballa o corpo desde a musculatura máis profunda ata a mais periférica, e interveñen tanto a mente
    como o corpo. Os seus principios básicos son: - Respiración - Fluidez - Precisión -Control - Aliñación.
    Horario mercores de 10:00 a 10:45 e luns e mercores de 19:15 a 20:00 e 20:00 a 20:45.
  • HIIT
    Clase de tonificación muscular de intensidad alta.
    Recomendado para todas aquelas persoas que buscan un traballo máis intenso.
    Horario xoves de 10:00 a 10:45 e martes de 20:00 a 20:45.
  • Spinning
    Clase de acondicionamento físico que se fundamenta no desenvolvemento de traballo cardiovascular
    a través dunha bicicleta estática, sendo dirixida por un instrutor.
    Horario martes e xoves de 21:00 a 21:45.
  • Mantenimiento
    Clase de mantemento para persoas de baixa actividade física, persoas de idade avanzada e por recomenacións médicas. Sendo dirixida por un instrutor.
    Horario martes e xoves de 19:15 a 20:00.

Prezos tempada 2023/2024

Acceso a os servizos do Ximnasio, tanto as clases dirixidas como a sala de fitness, prezo para empadroados de 15 euros por mes, 20 euros por mes para non empadroados, e entrada diaria (empadroados e non empadroados) 3 euros.

Acceso exclusivamente as clases de Mantemento para maiores de 65 anos 5 euros ó mes.