XIII Andaina popular rutas de sendeirismo

Terá lugar o próximo domingo 22 de setembro de 2019.

Terá lugar o vindeiro domingo 22 de setembro de 2019 con saída ás 9:30 horas.

O punto de partida estará situado na área recreativa da Boutureira. Chégase dende Ourense a través da estrada OU-0517, en dirección Ourense-San Cibrao das Viñas-Vilanova-Soutopenedo-A Merca… No quilómetro 6,500, nada máis pasar o campo de fútbol e as piscinas, estará sinalizada a entrada cara á Boutureira.

Localización GPS da entrada á Boutureira en WGS84 para empregar nos GPSs de uso corrente: 42º15'58"N, 7º53'01"W

Percorrido

Vaise realizar sobre dous tramos circulares un Tramo A de 7,7 quilómetros e o Tramo B de 9,7 quilómetros con punto central na Boutureira.

Mapa do percorrido en Google

• Tramo circular A de 7,7 Qms A Boutureira - O Pontón - Outeiro Calvo - Vilanova - A Boutureira.
• Tramo circular B de 9,7 Qms A Boutureira - A Torre - Penedo - Serra - Igrexa A Venda - A Boutureira.
• Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio
o paso polos controis establecidos pola organización.
• O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
• O perfil da proba pode considerarse de dificultade Media.
• Avituallamentos líquidos nos quilómetros 5,7 e 12,6.

Inscrición

O custo da inscrición é de 6€ e da dereito a un agasallo conmemorativo, avituallamento, bocadillo e bebida. Pódese realizar cumprimentando o boletín que lle achegamos e entregándoo:

Nas tendas de deportes:
Inscrición dende o 3 ao 19 de setembro.
Armería O Vinteún (988 373 766) e InterSport Bouso (988 226 592), realizando o pago da inscrición (6€) e opcionalmente o importe do tícket do pulpo (9€).

No Concello de San Cibrao das Viñas:
- Realizarase o ingreso do importe da inscrición (6€) na conta ES51 0081 2172 27 0001004411 do Banco de Sabadell, ou na ES28 2080 0476 16 3110000041 de Abanca, ata o día 19 de setembro inclusive.
No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
- Non existe a posibilidade de reservar o pulpo facendo o ingreso do seu importe nunha conta bancaria do Concello, deixando como única opción adquirilo o día da andaina ó mesmo prezo pero sen reserva previa.
- Entregar o boletín de inscrición cuberto no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso, ou remitilo ó Concello por fax (988 381 101), neste caso deberá agardar confirmación da reserva por parte do Concello, co número de dorsal, por correo electrónico, por fax ou por teléfono.

Periodo de inscrición do 3 ao 19 de setembro no Concello ata un máximo de 300 participantes.

Dorsais

Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Boutureira o día 22 ás 9:00 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 300 participantes.
• Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

Responsabilidades

A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.
• Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

Premios

Tódolos participantes que acaben a proba terán dereito a un agasallo conmemorativo.
• Haberá premio para o Clube con máis participantes.
• Haberá sorteo de outros agasallos entre tódolos participantes.