Terá lugar o vindeiro domingo 16 de setembro de 2018 con saída ás 9:30 horas.
Percorrido
Vaise realizar sobre dous tramos circulares un tramo 1º de 9,5 quilómetros e un segundo tramo de 7,4 quilómetros con punto central na Boutureira e unha lonxitude total de 17 qilómetros.
Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización. O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.
O perfil da proba pode considerarse de dificultade media.
Avituallamentos líquidos nos quilómetros 7,8 e 14,9.
Punto de partida
Está situado na área recreativa da Boutureira. Chégase desde Ourense a través da estrada OU-0517, en dirección Ourense - San Cibrao das Viñas - Vilanova - Soutopoenedo - A Merca... No quilómetro 6,500, nada máis pasar o campo de fútbol e as piscinas, estará sinalizada a entrada cara á Boutureira.
Localización GPS da entrada á Boutureira en WGS84 para empregar nos GPSs de uso corrente: 42º15'58"N, 7º53'01"W
Tramo circular A de 9,5 Qms
A Boutureira - A Torre - Penedo - Serra - Igrexa - A Venda - A Boutureira.
Tramo circular curto de 7,4 Qms
A Boutureira - Vilanova - Outeiro Calvo - O Pontón - A Boutureira.
Inscricións na Andaina
O custo da inscrición é de 6€ e da dereito a un agasallo conmemorativo, avituallamento, bocadillo e bebida.
Pódese realizar cumprimentando o boletín de inscrición que lle achegamos e poderá realizarse dos seguintes xeitos:
A. Nas tendas de deportes
Armería O Vinteún (988 373 766) e Intersport Bouso (988 226 592).
Co boletín de inscrición que se atopa no triptico, e realizando o pago da inscrición (6€) e opcionalmente o importe do tícket do pulpo (9€) na propia tenda.
B. No Concello de San Cibrao das Viñas
O teléfono do Concello é o 988 381 034, e a inscrición debe facerse do seguinte xeito:
- Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), na conta ES51 0081 2172 27 0001004411 do Banco de Sabadell, ou na conta ES28 2080 0476 16 3110000041 de Abanca, ata o día 13 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
- Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición, e entregalo no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso, para recoller o dorsal.
Non existe a posibilidade de reservar o pulpo facendo o ingreso do seu importe nunha conta bancaria do Concello, deixando como única opción adquirilo o día da andaina ó mesmo prezo pero sen reserva previa.
C. Por fax
Para facer a inscrición por Fax é necesario seguir os seguintes pasos:
- Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), na conta ES51 0081 2172 27 0001004411 do Banco de Sabadell, ou na conta ES28 2080 0476 16 3110000041 de Abanca, ata o día 13 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
- Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición, e entregalo no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso, para recoller o dorsal.
- Esperar a confirmación da reserva por parte do Concello, co número de dorsal, por correo electrónico, por Fax ou por teléfono.
- Recoller o dorsal calquera día de luns a venres e de 8:30 a 14:00 nos días previos a Andaina, na Casa do Concello, ou o día 16 de setembro no punto de saída, media hora antes do inicio da andaina.
Non existe a posibilidade de reservar o pulpo facendo o ingreso do seu importe nunha conta bancaria do Concello, deixando como única opción adquirilo o día da andaina o mesmo prezo pero sen reserva previa.
Nota: Non se realizará a devolución dos importes no caso de non recoller o dorsal.
O periodo de inscripción e do día 30 de agosoto é ata o 13 de setembro no Concello e nas tendas de deporte, ata un máximo de 300 participantes.
Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Boutureira o día 16, ás 9:00 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 300 participantes.
Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.
Responsabilidades
A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.
Premios
Tódolos participantes que acaben a proba terán dereito a un agasallo conmemorativo.
Haberá premio para o Clube con máis participantes. Haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.