O concello de San Cibrao das Viñas organiza unha nova viaxe cultural a Gijón, que terá lugar os días 19 e 20 de setembro, coa finalidade de ofrecer aos veciños e veciñas unha oportunidade para descubrir o patrimonio, a cultura e o encanto dunha das cidades máis emblemáticas do norte de España.
A saída realizarase o venres 19 de setembro ás 7:00 horas, desde a
Praza do Concello, con destino á cidade asturiana de Gijón.
Prazo de inscrición
As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición
do 4 ao 10 de agosto, ou ata completar as prazas dispoñibles.
A inscrición realizarase presencialmente no Concello e está dirixida ás
persoas empadroadas en San Cibrao das Viñas maiores de 18 anos.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición. Ademais, cada persoa poderá inscribir un máximo de
tres persoas máis, sendo imprescindible presentar o DNI de cada unha delas no momento de realizar o trámite.
Información sobre a viaxe
No momento de formalizar a inscrición, facilitarase a cada participante toda a información relativa ao programa da viaxe, así como ás condicións económicas e demais aspectos organizativos.
Animamos á veciñanza a participar nesta actividade, pensada para promover o lecer, a convivencia e o coñecemento do patrimonio cultural mediante unha experiencia compartida.