VI Concurso de Decoración de Nadal das Vivendas de San Cibrao das Viñas

O concello de San Cibrao das Viñas convoca o VI Concurso de Decoración de Nadal das vivendas do municipio, co obxectivo de fomentar o ambiente festivo e a creatividade veciñal durante estas datas.

Participación:

Pode participar calquera persoa empadroada no Concello decorando a parte exterior da súa vivenda (fachada, balcón, ventá, porta ou xardín) sempre que dea á vía pública e ten que ser o domicilio da persoa que se presenta a este concurso.

Como participar?

Debe enviarse polo menos unha fotografía da decoración ao correo: cultura@sancibrao.es

Calquera dúbida en relación ás bases, pódese solucionar no teléfono 988381034.

Poderán participar neste concurso todos os veciños do municipio que o desexen. Será unha participación por vivenda e persoa.

Requisitos das fotos:

  • Indicar o Concurso no que participa
  • Título (a casa, balcón, ventá, fachada debe estar en San Cibrao das Viñas)
  • Nome e apelidos da persoa que a envía
  • Número de teléfono de contacto
  • Lugar onde se habita actualmente
  • D.N.I (fotografía ou fotocopia)
  • Estar empadroado; os menores de 18 anos requiriráselles autorización outorgada polo seu pai, nai ou titor legal
  • A fotografía ten que ser actual, orixinal e inédita

Xurado e criterios:

O xurado estará formado por representantes municipais e veciñanza. Valoraranse creatividade, orixinalidade, deseño, iluminación, adornos feitos a man e uso de materiais reciclados.

Prazo:

O prazo de admisión finaliza o martes día 07 de xaneiro de 2026 ás 23:59h.

Os participantes que non cumpran con calquera dos requisitos indicados non entrarán no concurso.

Premios:

  • 1º premio: 250 €
  • 2º premio: 200 €
  • 3º premio: 150 €
  • 4º premio: 100 €

O fallo do xurado realizarase o 26 de xaneiro de 2026 e farase público sobre as 20:00 horas do día seguinte.

Anímate a participar!