O Concello de San Cibrao das Viñas organizou, un ano máis, a excursión de carácter lúdico e cultural.
Nesta ocasión foi a terras portugueses, sobre todo a Lisboa e os seus arredores, os tres primeiros días de setembro.
Os 74 veciños e veciñas participantes puideron desfrutar dunha viaxe agradable e inesquecible, que incluíu a visita á histórica capital lusa, a un museo, a unha adega da denominación de orixe Setúbal, á Costa Azul lisboeta, á Extremadura Portuguesa e a outros lugares de grande interese paisaxística, histórica, cultural e monumental.