Tarxetas-moedeiro para situacións de vulnerabilidade económica pola crise da covid-19:

A Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Inclusión Social ven de publicar a seguinte nota informativa sobre o programa de tarxetas-moedeiro para as persoas e familias en situacións de vulnerabilidade económica pola crise da covid-19:

PROGRAMA DE TARXETAS-MOEDEIRO PARA AS PERSOAS E FAMILIAS EN SITUACIÓNS DE VULNERABILIDADE ECONÓMICA POLA CRISE DA COVID-19:

Logo da sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Cruz Vermella Española en Galicia, iniciouse a execución dun programa extraordinario de axudas económicas para a cobertura de necesidades básicas á poboación en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19, articulado a través de tarxetas-moedeiro para a adquisición de produtos de alimentación, hixiene e farmacia.

A utilización destas tarxetas estará limitada aos establecementos que, de acordo coa Clasificación Nacional de Actividades Económicas vixente (CNAE 2009), se dediquen ao comercio ao por menor de produtos de alimentación, hixiene e farmacia.

 

Persoas beneficiarias do programa:

As persoas e familias residentes en Galicia que se atopan en situación de vulnerabilidade económica, ben porque carecen de ingresos efectivos, ou ben porque os ingresos da unidade de convivencia non acadan o importe que lle correspondería en concepto de tramo persoal e familiar de RISGA, de acordo coas contías establecidas para o ingreso mínimo e os complementos familiares (artigo 21 da Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia), e non son perceptoras de prestacións económicas regulares de periodicidade mensual (RISGA, PNC, IMV, RAI, prestacións por desemprego...)

 

UNIDADE DE CONVIVENCIA (núm. convivintes) RISGA-importe (*) (**)

1 (Ingreso mínimo) 403,38

2 (Ing. mínimo + 14% IPREM) 478,68

3 (Ing. mínimo + 26% IPREM) 543,22

4 (Ing. mínimo + 36% IPREM) 597,00

5          645,41 (sen menores) ,  650,78 (con menores)

6          645,41 (sen menores) ,  704,56 78 (con menores)

7          645,41 (sen menores) ,   726,08 78 (con menores)

(*) Límite máx. sen menores (120% IPREM) = 645,41

(**) Límite máx. con menores (135% IPREM)= 726,08

 

Contía das axudas económicas:

As tarxetas-moedeiro cárganse con distintos importes de axuda económica en función do número de persoas integrantes da unidade familiar (1, 2 ou 3 ou mais):

Número de membros Importe mensual Importe total (3 meses)

Unha persoa 150 euros 450 euros

Dúas persoas 200 euros 600 euros

Tres ou mais persoas 300 euros 900 euros

As tarxetas irán cargándose, con periodicidade mensual, cos importes de referencia, durante os tresmeses seguintes á súa entrega.

 

Solicitudes:

As solicitudes da tarxeta-moedeiro tramitaranse, con carácter xeral, polos/as traballadores/as sociais dos servizos sociais comunitarios municipais, na súa condición de profesionais de referencia do sistema galego de servizos sociais.

Mais Información:

Cita previa cos servizos sociais municipais, previa cita no teléfono do Concello 988381034