Taller de Memoria ¡apúntante!

📣 O Concello de San Cibrao das Viñas, dentro do programa de actividades da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Participación Veciñal, organiza un Taller de Memoria, dirixido á poboación adulta.

¿Queres asistir?

🗓 Será os xoves. A data exacta indicarase unha vez que se pechen as inscricións.

📍 No Local social de San Cibrao de ⏰ 16:00 a 17:30h.

📍 No Multiusos de Pontenoalla de ⏰ 18:00 a 19:30h.

 

👉 REQUISITOS

Estar empadroado/a no Concello.

 

📝 INSCRICIÓNS

Dende o xoves 27 de xaneiro ata o 9 de febreiro.

As prazas son limitadas. Unha vez pechado os inscritos, indicaráselle a data exacta do taller.

*Ao formalizar a inscrición, cada persoa só poderá anotar a outra e deberá indicar o lugar elexido para a realización do taller, xa que só se poderán inscribir nun dos dous lugares establecidos.

 

Esta actividade pode sufrir modificacións por mor da COVID-19.