INFORMACION SUBVENCIONS PARA ASOCIACIONS DE VECIÑOS E ASOCIACIONS DE MULLERES RURAIS
En relación ao bando emitido polo Concello de San Cibrao das Viñas, a pasada semana, ponse en coñecemento de tódolos interesados que no DOGA do dia 22 xaneiro de 2021 publicase a Orde de 30 de decembro de 2020 de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo pola que se regulan as bases que rexen o procedemento de concesión de axudas dentro do Plan especifico de acción comunitaria destinado a ASOCIACIONS VECIÑAIS, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas ASOCIACIONS DE MULLERES RURAIS de Galicia.
Tal e como de talla en dito documento, resumimos continuación os principais proxectos subvencionables:
a) Obras de acondicionamento, reforma e ampliación de locais onde a entidade desenvolve a súa actividade.
b) Adquisición de equipamentos básicos dos locais, necesarios para o seu funcionamento (mobiliario, equipamento de oficina, equipamento informático e audiovisual) e equipamento ou mobiliario para actividades especificas que non terá carácter básico.
Os interesados/as poden consultar as bases da convocatoria do DOGA do dia 22/1/2021.
O prazo para solicitar as axudas remata o 22 de febreiro de 2021.
A continuación, adxúntase o DOGA correspondente, así como o bando emitido polo Sr. Alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas.