Reparto de máscaras infantís

A partir do vindeiro martes día 28 de abril comezará o reparto casa por casa de máscaras infantís.

O vindeiro martes día 28 de abril o Concello de San Cibrao das Viñas comezará o reparto casa por casa de máscaras infantís para nenos e nenas entre 3 e 12 anos que estén empadroados neste Concello.

O reparto farase en dúas tallas ( de 3 a 7 anos e de 8 a 12 anos )

Os nenos e nenas que non estén empadroados neste Concello pero si que o esté algún dos seus pais poderán pasar a retirar a súa máscara polo pabellón municipal ( Praza da Constitución, San Cibrao das Viñas ) de luns a venres en horario de 9:00 hrs. a 14:00 hrs.

Os nenos e nenas de 13 anos que as precisen tamén poderán pasar polo pabellón municipal a retiralas.

Nota:

Este Concello está a facer o posible por aprovisionarse de máscaras para facer un reparto xeral a toda a poboación empadroada a partir dos 13 anos ( incluido ) en canto sexa posible. Este reparto farase casa por casa sen necesidade de ter que chamar para solicitalas previamente.