Este martes día 5 de outubro abriuse o prazo para solicitar a inscrición no Programa de Termalismo Social da Deputación de Ourense. A iniciativa ofrece nesta edición estancias e tratamentos en sete balnearios da provincia: Laias, Baños de Molgas, O Carballiño, A Arnoia, Lobios, Cortegada y Caldas de Partovia. Haberá unha variante de prezos para empadroados en Ourense e veciños doutras provincias.
📋 PROGRAMAS DISPOÑIBLES:
- Programa de estancias en balnearios durante 6 días, con pensión completa, 10 tratamentos termais e acceso ilimitado ás piscinas de auga mineromedicinal.
- Programa de estancias de 6 días con pensión completa,10 tratamentos termais, acceso ilimitado ás piscinas de auga mineromedicinal e o desprazamento en tren ata Ourense desde 40 cidades de toda España e o traslado ao Balneario incluído.
- Programas terapéuticos de 10, 20 ou 35 tratamentos termais durante un máximo de tempo sen aloxamento e personalizados para diferentes patoloxías: respiratoria ,dermatolóxica e traumatolóxica.
- Programa de fin de semana nun balneario con entrada o sábado, pensión completa (cea sábado e comida a elixir : sábado ou domingo) e 2 técnicas termais por persoa.
Ver máis información dos programas aquí: https://www.termalismourense.com/programas
📝 PRAZO:
Aberto dende o martes 5 de outubro.
✏ INSCRICIÓN:
- Este ano 2021 as solicitudes realizaranse a través da nova "plataforma raia termal": pique aquí para ir á plataforma.
- Para presentar unha solicitude previamente hai que rexistrarse na plataforma raia termal: pique aquí para rexistrarse na plataforma.
Máis información en: http://www.termalismourense.com/