Prazo de solicitude para a Aula Concilia de verán 2026

PRAZO DE SOLICITUDE:

O Concello de San Cibrao das Viñas abrirá do 25 de maio ao 4 de xuño o prazo para presentar as solicitudes da Aula Concilia de verán, un servizo pensado para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar durante as vacacións escolares.

As solicitudes deberán realizarse a través da sede electrónica do Concello.

 

HORARIO AULA CONCILIA:

O servizo desenvolverase dende o luns 22 de xuño ata o 8 de setembro, en horario de 7:30 a 14:30 horas, e estará dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos.

 

A Aula Concilia ten como obxectivo ofrecer ás familias un espazo seguro, educativo
e adaptado ás necesidades de conciliación durante o período estival, favorecendo ao
mesmo tempo o lecer e a convivencia dos máis pequenos.

Para poder acceder ao servizo será necesario que o menor ou algún dos proxenitores
estea empadroado no municipio e, ademais, que ambos proxenitores se atopen traballando.

 

 

O Concello continúa así reforzando os recursos de apoio ás familias e apostando por
iniciativas que contribúan a mellorar a conciliación no municipio.