Nesta sección facilitamos as instrucións do proceso a seguir para a reserva de praza e posterior matriculación dos nenos e nenas que desexen asistir a esta escola infantil para o curso que comeza en setembro do ano 2020 (nenos/as nados a partir do 1 de xaneiro de 2018.)
Listado provisional de admitidos
O listado atoparase neste apartado unha vez rematada a baremación.
Listado provisional 2020
Listado definitivo de admitidos
Despois do prazo establecido, publicarase neste apartado o Listado definitivo 2020
Prazos (NOVO PRAZO POR REANUDACIÓN DE PRAZOS PARALIZADOS POLO COVID-19)
Do 25 ó 29 de maio, ámbolos dous incluidos:
Para os alumnos/as que están matriculados/as no curso actual na escola e desexen continuar na mesma, para o cal deberán presentar a seguinte documentación no Concello:
- Folla de solicitude de reserva de praza selada no rexistro de entrada do Concello, descarga o documento (PDF, 94KB).
- Relación do núcleo de convivencia do Concello onde resida a unidade familiar.
- Declaracións da renda correspondentes ó ano 2018, de ser o caso, de todos os membros da unidade familiar. No seu defecto certificado emitido pola delegación de Hacienda que avale a súa non presentación.
- Certificados laborais actuais dos pais, de ser o caso, onde se especifique o horario laboral.
Unha vez comprobada a realización deste trámite, estes alumnos/as terán garantido o acceso ó novo curso, sempre e cando formalicen o pago da correspondente matrícula, previa comunicación do Concello.
Do 1 ó 22 de xuño:
Este prazo vai dirixido a todos os/as nenos/as que soliciten praza por primeira vez na escola infantil, e durante o mesmo terán que presentar a documentación seguinte:
- Solicitude de novo ingreso, descarga o documento Solicitude (PDF, 1702KB).
- Anexo III, da Xunta de Galicia, (dispoñible na solicitude) no caso de optar á axuda do programa Bono Concilia.
- Anexo IV, da Xunta de Galicia, (dispoñible na solicitude) no caso de optar a unha praza concertada nunha escola infantil de titularidade privada adscrita a este programa.
- DNI ou NIE en vigor dos proxenitores.
- Copia do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
- Certificado de discapacidade ou do grao de dependencia do neno/a para quen se solicita praza ou de calquera membro da unidade familiar, no seu caso.
- Informe sobre a necesidade de integración na escola infantil acreditada por un equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social, no caso dos nenos e das nenas con necesidades específicas de apoio educativo.
- Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos.
- Xustificación de ocupación da nai/pai, titor/a legal ou acolledor/a actualizada no caso de persoas traballadoras. (Vida Laboral, certificado de empresa con especificación do horario laboral).
- Copia da declaración da renda das persoas físicas (IRPF) de ambos proxenitores, correspondente ao ano 2018, ou certificación negativa no seu caso.
- Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo: certificado de discapacidade ou do grao de dependencia da nai/pai, acolledor/a, titor/a legal, ou outros membros da unidade familiar, certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno-filiais ou certificado administrativo de monoparentalidade, copia do título de familia numerosa.
- Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero: certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar; Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia; certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local; certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local; Informe do Ministerio Fiscal ou da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
- Certificado de empadroamento da unidade familiar actualizado expedido polo concello correspondente.
Segundo a Resolución de 27 de abril de 2020 da Axencia Galega de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, ase mesmo, poderase optar a:
- Opción de participación no programa do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís de titularidade privada.
As persoas que non obteñan praza pública poderán optar a unha praza nalgunha das escolas infantís adscritas ao programa do servizo de educación infantil para nenos e nenas de 0 a 3 anos en escolas infantís 0-3 de titularidade privada. Para estes efectos, deberán cubrir a epígrafe correspondente da solicitude no anexo I e, ademais, presentar o anexo IV da Xunta de Galicia que se achega coa mesma, debidamente cuberto, no cal se seleccionarán un máximo de tres escolas infantís privadas con prazas deste servizo.
A relación de escolas adscritas a este programa poderá consultarse no anexo VIII da antedita resolución, a cal se publicará na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal.
- Opción de participación no programa Bono Concilia.
As persoas que non obteñan praza pública e respecto do primeiro fillo ou filla da unidade familiar poderán optar, nas condicións que estableza a correspondente convocatoria, ao Bono Concilia da Consellería de Política Social, que consiste nunha axuda económica mensual para contribuír ao pagamento do importe da praza nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos. Para estes efectos, deberase cubrir a epígrafe correspondente no anexo I desta solicitude e, ademais, presentar a seguinte documentación:
-
- Declaración de non percibir outras axudas para o mesmo concepto, ou de percibilas, coa indicación da súa contía (anexo III).
- Declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias e coa Comunidade Autónoma, non ter débedas por resolución de procedencia de reintegro e de estar ao día coa Seguridade Social (anexo III).
Lugar de presentación:
- As solicitudes de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente na sede electrónica deste Concello https://sancibrao.sedelectronica.es iniciando un trámite con Instancia Xeral e engadindo como documentación adicional a solicitude e documentación a presentar.
- Tamén poderán presentarse en soporte papel nas oficinas do Concello ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
En canto ao proceso de adxudicación de prazas de novo ingreso, estarase ao disposto nas indicacións realizadas polas distintas administracións a este respecto, publicándose as listaxes no taboleiro de novas da páxina web do Concello
Matricula:
Os nenos/as que figuren como admitidos/as na lista definitiva terán que facer efectivo o ingreso da matrícula na conta bancaria que se lles facilitará ó efecto, e de non facelo, decaerá o dereito á praza.
Para formalizar a matrícula, as persoas que obteñan praza disporán de 15 días naturais, contados dende o día seguinte ao da comunicación da resolución de adxudicación, e achegar ao seu expediente xustificación bancaria de haber realizado o pago da mesma.
Máis información:
Na Escola infantil no número 988 384958, ou directamente a coordinadora da Escola infantil Susana Doval no número 608 931615.