Normativa
Orde do 9 de xuño de 2020 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2020 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº116 do 15/6/2020) BS303A, BS303F, BS303G, BS303H
Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. (DOG nº 67 do 8/04/2016). Modificada pola Orde do 28 de decembro de 2017 (DOG nº 3 do 4/1/2018) e pola Orde do 5 de febreiro de 2019 (DOG nº 39 do 25/2/2019)
Obxecto
facilitar que a mocidade galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade, a Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2020 que se detalla no anexo I.
As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Participantes
Poden participar as persoas mozas galegas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade. En canto á idade mínima e máxima para participar deberase ter en conta o seguinte:
- As persoas nacidas no ano 2002 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
- As persoas nacidas no ano 2011 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
Para ser admitido/a no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio nin sintomatoloxía compatible co COVID-19, sen prexuízo da documentación que deberán asinar as persoas proxenitoras ou titoras a que se fai referencia no artigo 8. Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades de auga, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade.
Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento por ano. A praza adxudicada será intransferible.
Persoas con discapacidade.
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar cumprindo os seguintes requisitos:
- Facer constar a súa condición na epígrafe da solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios se os precisara.
- Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
- Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten. A programación de actividades e as características das instalaciónsde cada campamento poderanse consultar na páxina web de Xuventude
- En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar. Neste suposto, o/a menor con discapacidade non poderá participar nas actividades de auga.
Menores en situación de tutela ou garda administrativa
Os/as menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial, poderán participar nesta convocatoria e deberán indicar esta condición no anexo de solicitude, marcando o recadro correspondente.
Servizos ofertados
A participación na oferta da Campaña de verán 2020 realizarase mediante inscrición individual ou múltiple (para os supostos de dous/dúas, tres ou catro irmáns/ás).
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
- Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
- Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
- Manutención en réxime de pensión completa.
- O material necesario para a actividade.
- Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais que por razón da súa discapacidade precisen apoio, disporase de persoal que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
- Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
A incorporación e a recollida das persoas participantes nos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada nos termos que indique a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, na páxina web xuventude.xunta.es e antes do inicio da actividade, e de conformidade coas medidas de prevención indicadas polas autoridades sanitarias sobre o COVID-19.
Prezos
Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I (alíneas A, B e C) desta orde. Os prezos dos servizos ofertados nesta orde aparecen recollidos no anexo I da Orde do 16 de abril de 2018.
Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa, así como as familias monoparentais, terán un desconto do 50% sobre os prezos, e os do Carné Xove terán un desconto do 25%.
Documentación
A solicitude pode ser individual ou múltiple (no suposto de grupos de ata catro irmáns). A solicitude múltiple só se poderá empregar para o suposto de solicitude de irmáns que vaian á mesma instalación e quenda. No momento da adxudicación da praza desde a lista de agarda xa se teñen en conta como individuais.
Cada persoa interesada só poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I da orde de convocatoria).
- Procedemento xeral: Solicitude individual (BS303A anexo II) | Presentación electrónica na sede/ Solicitude múltiple (anexo BS303F III) | Presentación electrónica na sede,
- Procedemento das prazas reservadas para inclusión(exclusivamente para os campamentos e quendas que se inclúen no anexo I B): Solicitude individual (BS303G anexo IV) Presentación electrónica na sede | Solicitude múltiple (BS303H anexo V) Presentación electrónica na sede
As persoas solicitantes con discapacidade deben optar por unha destas dúas vías, de xeito que quedarán excluídas no suposto de que presenten a solicitude por ambos os procedementos.
Lugar de presentación
- Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
- Xefaturas Territoriais da Consellería de Política Social
- Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
- Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Prazo de solicitude
Sete días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da Orde: ata o 25 de xuño de 2020.
As persoas admitidas deberán presentar no prazo de dez (10) días hábiles contado desde o seguinte ao da realización do sorteo, preferiblemente por vía electrónica, a seguinte documentación (os modelos estarán dispoñibles na páxina web http://xuventude.xunta.es/):
- Xustificación de pagamento
- Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
- Tarxeta sanitaria ou seguro médico privado
- Cuestionario de saúde e autonomia persoal (Anexo VI)
- Declaración responsable de que sabe nadar.
- De ser o caso, fotocopia compulsada do Título de Familia Numerosa, e do Carné Xove .
No caso de persoas con discapacidade, ademais:
- Certificado acreditativo do grao de discapacidade e copia do ditame técnico facultativo, emitido polo equipo de valoración e orientación correspondente, cando os ditos documentos non fosen expedidos na nosa comunidade autónoma.
- Cuestionario de saúde e autonomía persoal (anexo VI), con todas as epígrafes cubertas e a información actualizada que permita valorar os apoios específicos que precisa, se é o caso. (Non se prestará ningún tipo de atención que non se reflicta neste documento ou en informes complementarios que se acheguen coa solicitude).
Máis información