Os veciños interesados poden participar na I Campaña de Compostaxe Doméstica para obter o seu propio abono de calidade.
O compost pódese empregar como abono ou para a mellora da horta ou xardín e desta maneira devolvemos á terra materia orgánica rica en nutrientes.
Os requisitos para participar na campaña, organizada pola Deputación de Ourense, son: ter a túa primeira residencia nalgún concello da provincia agás a capital, non haber participado en campañas anteriores de fomento da compostaxe doméstica, ter como mínimo 50 m2 de horta ou xardín e comprometerte a estar presente na túa vivenda durante as dúas visitas previstas na campaña. Na primeira visita farase a entrega do composteiro e do manual.
Para conseguir o teu propio compost tes que:
- Escoller o mellor lugar posible dentro da túa parcela, accesible, con algo de sombra e en contacto co chan.
- Un composteiro onde depositar os restos orgánicos do fogar e os refugallos do xardín ou horta.
- Unha pequena ferramenta para remover e airear os materiais que están no composteiro. E unha pa para retirar o compost maduro.
- Sempre que sexa preciso deberás humedecer o interior do composteiro para asegurar o éxito do proceso.
Para participar podes cubrir o formulario adxunto e entregalo no Concello ou acudir directamente ao Concello para cubrilo.
Inscricións ata o 30 de xuño.