O Concello de San Cibrao organiza o próximo 12 de xuño unha excursión pola Ribeira Sacra dirixida as persoas empadroadas maiores de 18 anos.
O prazo para formalizar a inscrición é do 31 de maio ao 8 de xuño ata cubrir as prazas.
As prazas cubriranse por orde rigorosa de inscrición.
O prezo é de 25 euros por persoa que deberán ingresar nun número de conta que se facilitará no Concello no momento da inscrición, sendo necesario realizar o pago para facer firme a reserva.
Cada persoa só poderá anotar a outra coa conseguinte autorización e deberán vir provistos de DNI.
PROGRAMA DO DÍA
10.00 H. Saída da praza do Concello ata a rectoral de Gundivós
11.00 H. Visita guiada a esta construción do século XVIII transformada nun centro alfareiro. Durante a visita farase unha demostración.
13.15 H. Visita guiada á bodega Regina Viarium e desfrute dos seus viños. De camiño parada no mirador de "Cadeiras" situado fronte aos Balcóns de Madrid.
Despois dunha breve parada no mirador de Souto Chao continuación da viaxe ata o restaurante.
15.00 H. Comida no Mesón Casa Lelo. Menú con pulpo á galega e viño incluído.
Visita libre pola vila de Castro Caldelas
19.15 H. Recorrido de dúas horas en catamarán polo canón do río Sil dende o embarcadoiro de Doade ata a altura do Mosteiro de Santa Cristina.