Papá Noel en San Cibrao das Viñas 2025

O venres 19 de decembro ás 17:00 h, no Pavillón Municipal, teremos a sorte de recibir a visita máis agardada do ano: Papá Noel! 🎁

Esta é unha oportunidade única para que os máis pequenos da casa desfruten dunha tarde máxica e inolvidable, chea de ilusión e sorpresas.

📝 Inscricións:

As inscricións estarán abertas do 6 ao 27 de outubro e poden realizarse nas oficinas do Concello.

📌 Requisitos para participar:

Para que os nenos e nenas poidan recibir a visita de Papá Noel, deberán cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ter entre 0 e 10 anos (nados/as entre 2015 e 2025).
  2. Estar empadroado/a no concello, ben sexa o neno/a ou algún dos proxenitores.
  3. Presentar fotocopia do libro de familia ou do D.N.I. do neno/a.

⚠️ No caso de non estar empadroado/a, será obrigatorio presentar dita documentación.

🎁 Non perdas esta oportunidade:

Ven a vivir un momento único.

Papá Noel agárdate no Pavillón Municipal o 19 de decembro!