- A partir do domingo, 26 de abril de 2020, os nenos e nenas menores de 14 anos poderán saír das súas casas, para dar paseos e xogar na rúa, nun entorno dun quilometro como máximo arredor do seu domicilio.
- Tan só poderán saír unha vez ó día, durante unha hora como máximo.
- O horario permitido será dende as 09:00 horas ata 21:00, aconséllase evitar a saída nas horas puntas.
- Os menores deberán estar acompañados en todo momento por un adulto responsable que conviva con eles, pode ser un irmán maior de idade, poderá saír con ata tres nenos, que se deberán estar en todo momento nunha distancia que se poidan controlar.
- Deberanse respectar as medidas de distanciamento con outros nenos e adultos.
- Permítese correr, xogar e facer exercicio os nenos e nenas sempre e cando se respecten as medidas establecidas.
- Os nenos e nenas en ningún caso poderán facer uso dos parques ou de zonas de xogos infantís comúns.
- No entorno rural, poderán saír a pasear ó campo sempre e cando se respecten as medidas de distanciamento social.
- En ningún caso poderán saír da súa casa, aqueles menores que teñan algún síntoma compatible co COVID-19 ou que se atope en corentena.